A entrega de premios será o 30 de maio na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos
A vicepresidenta da Deputación , Maite Ferreiro, sinalou “o incremento da participación con respecto á primeira convocatoria, de preto dun 25%, que nos reafirma na vontade de darlle continuidade á iniciativa, tanto no que respecta ao propio certame como o resto das actividades relacionadas coa creatividade artística e plástica que vimos organizando nos centros escolares co programa IlustrarNÓS”.
Un xurado formado pola ilustradora Laura Romero, a deseñadora gráfica Belén Freijeiro e Alejandro Carro, vicedirector da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramon Falcón de Lugo, encargouse da valoración das obras, tendo en conta aspecto como a orixinalidade e a creatividade na interpretación da cita, a técnica e composición da imaxe ou a súa aportación narrativa.
Os galardóns aos mellores traballos de cada categoría entregaranse o vindeiro 30 de maio, ás 19:00 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Os seus autores e autoras recibirán como premio un IPAD con aplicacións de deseño gráfico e unha colección de libros ilustrados (álbum, banda deseñada, novela gráfica, etc.)