Trátase dunha actuación de mellora da seguridade viaria na actual intersección do km 25,160 da estrada N-640
Madrid, 18 de maio de 2022. O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana licitou, cun orzamento de 191.400 euros, o contrato de obras de “Mellora da seguridade viaria mediante implantación de glorieta na N-640, km 25,160”, na provincia de Asturias.
Proximamente publicarase o anuncio no Boletín Oficial do Estado.
O obxecto das obras é a mellora da seguridade viaria na contorna da intersección do km 25,160 da estrada N-640, que permite o acceso ao núcleo de San Tirso de Abres e ao polígono industrial de El Boutarón.
Características técnicas
Mediante a execución dunha nova glorieta de 35 metros de diámetro exterior substitúese a actual glorieta partida, evitándose os xiros á esquerda e posibilitando movementos cunha maior visibilidade.
Ademais, a glorieta funcionará como un elemento de acougado do tráfico da N-640 ao seu paso pola travesía de San Tirso de Abres, contribuíndo tamén a mellorar a seguridade viaria asociada ao tráfico peonil nas marxes da N-640.