O alcalde de Foz indica que “o proxecto inclúe a renovación total do parque da rúa Uxío Novoneyra, que contará coas dúas pistas de petanca, as primeiras da Mariña que contan con 15 metros de lonxitude e 4 de anchura, ademais dunha zona de ocio infantil con pavimento de caucho continuo con varios xogos: estrutura con tobogán, randeeira mixta con portabebé e dúas figuras de arrandear con resortes. O novo parque de Uxío Novoneyra contará tamén con 8 bancos distribuídos na superficie do recinto, que estará conformado por un pavimento de formigón impreso.Agardamos que estea rematado no mes de xuño, para que nenas, nenos e maiores o podan desfrutar xa co bo tempo do verán”.
Fran Cajoto engade que “a renovación deste parque era unha demanda veciñal ante o mal estado que presentaba e encádrase dentro dos traballos de mellora e mantemento de espazos públicos que iniciou o goberno municipal desde o inicio do mandato”.