Será impartida por técnicos que explicarán as distintas posibilidades, así como os requisitos, importes, procesos de solicitude e bonificacións fiscais. O Concello de Alfoz considera fundamental dar a coñecer as posibilidades de financiamento para poder mellorar as nosas vivendas, así como os beneficios que suporá facer estas inversións tanto no aforro enerxético e económico coma no confort para os seus moradores.