Xove, 6 de maio, 2022. Todo está preparado para celebración do XXVII Torneo Concello de Xove de ximnasia rítmica, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia, que se vai celebrar este sábado 7 de maio, no Pavillón Municipal de Deportes.
O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, comezará ás 11:00 horas, coa presencia de 7 equipos da provincia: Club Xirandela, Club Quicela, Escola Ximnasia Porta Norte, Club Filigrana, Club Violeta, Club Ximnasia Viveiro e Escola Municipal de Xove.