Foz, 31 de maio, 2022. Este venres 3 de xuño, ás oito e media da tarde, celébrase na Libraría Bahía de Foz un encontro coa escritora Antía Yáñez e a psiquiatra Iria Veiga para falarmos da novela Non penses nun elefante rosa. Será dentro das actividades promovidas pola libraría no marco do club de lectura A carón dos libros e é aberto para todo o público que desexe asistir.
Na novela de Antía Yáñez a enfermidade mental é unha das grandes protagonistas encarnada nunha muller que padece un trastorno obsesivo-compulsivo. De ahí que, xunto coa autora, se conte coa psiquiatra Iria Veiga. No diálogo coas duas preténdese afondar na novela e tamén na realidade das enfermedades mentais, realidade presente sempre na nosa sociedade pero sistemáticamente ignorada ou tratada desde os prexuizos e o estigma, e sobre a que a novela de Antía Yáñez ven a poñer o foco e arroxar luz.