Lugo, 8 de maio. O deputado de Deportes Efrén Castro felicitou ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FS, que este domingo se proclamou campión da Copa da Raíña en Ourense.
O equipo laranxa levantou o trofeo por quinta vez na súa historia, tras vencer ao Futsi Navalcarnero. O responsable provincial, que asistiu á final, valorou o novo éxito do cadro mariñao.
“O Pescados Rubén Burela segue a demostrar tempada tras tempada que é unha referencia do deporte feminino galego, cunha traxectoria que é motivo de orgullo para todos os lucenses”.