Durante o mesmo as persoas participantes puideron lembrar e cantar as cancións da súa infancia, cancións populares do folclore galego, crear pequenas coreografías e, como non, tamén tiveron ocasión de sair á pista de baile. A través deste obradoiro coñeceron os numerosos beneficios da música para mellorar o estado físico, cognitivo e, por suposto, emocional, aspectos fundamentais para acadar un óptimo benestar persoal.