Este sábado 28, estará no restaurante O Filón, en Vieiro, a partires das 12h da mañá para escoitar e recoller propostas, demandas, ideas ou queixas que as veciñas e veciños queiran trasladar ao BNG e á concelleira Míriam Bermúdez. Cos encontros Cóntallo ti, cos que xa levan anos visitando as parroquias do concello, poténciase a voz da veciñanza trasladando e defendendo as súas demandas no pleno municipal.