Neste senso, a formación mariñá, en coordinación coa provincial, configurará proximamente a nova estrutura de traballo. O acordo adoptouse esta fin de semana, no marco dunha reunión que tanto a presidenta, Elena Candia, como o secretario xeral, Javier Nodal, e o coordinador xeral, José Manuel Balseiro, mantiveron en dita localidade.
Candia, Nodal e Balseiro agradecen a disposición e o compromiso da nova dirixente, que, ademais, destacan, “é da Pontenova e viviu sempre na Pontenova”.
Persoa de Partido
Técnica de raios de profesión e vinculada á formación popular dende hai dúas décadas, asume o cargo “con moita responsabilidade”, adiantando que “imos abrir o partido porque todos facemos falta”. Neste senso, a presidenta da xestora, que tamén é a presidenta da Asociación do Cancro da localidade, promete “traballo e moita escoita” porque, só así, di, “podemos captar a ese electorado que, por exemplo, nas autonómicas, nos apoiou masivamente”.