Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurada a tempada de cursos da piscina olímpica municipal de Cervo que contou con máis de 160 participantes

Malia a pandemia, a instalación municipal mantivo o número de socios/as que supera os 700; á marxe das 1860 persoas usuarias que acceden á piscina con abono

Cervo, 31 de maio de 2019. O Concello de Cervo despide esta semana unha nova tempada dos cursos da piscina olímpica municipal tanto na modalidade infantil como de adultos.

Tal e como precisou o edil de Deportes, David Rodríguez, que participou na entrega de diplomas, “contamos con máis de 160 cursillistas, entre nenos e adultos, unhas cifras a destacar tendo en conta que foi un ano de transición marcado aínda pola pandemia e polas restricións que trouxo apararelladas, que tamén definiron, en boa parte, o trascurso da tempada”.

Así, no caso dos cursos dirixidos ás crianzas, establecéronse dúas quendas “unha de outubro a febreiro e outra de febreiro a maio, para poder dar resposta á gran demanda existente, que se solventou con estes cursos intensivos”. En concreto, durante o curso asistiron ás clases 70 nenos/as e 96 adultos.

O concelleiro tamén destacou o volumen de socios/as da piscina “que se mantén en cifras moi similares á época pre-covid, superando os 700”; a maiores dos 1860 usuarios/as que utilizan a instalación de xeito regular utilizando abonos.

Exit mobile version