Foz, 7 de maio, 2022. Este venres, 6 de Maio de 2022, clausurouse en Foz a 7ª Edición da Semana das Artes en homenaxe ó artista Quique Guerra. Esta exposición que contou con 25 artista de dentro e fora de Galicia, foi visitada por máis de 2000 alumnos, alcanzando unha cifra récord de participación.
Tá en Artes agradece a labor dos monitores Martín e Noel que desenvolveron o seu labor con total solvencia. Dan as grazas tamén , ós profesores/as ós/ás alumnos/as participantes , ós/ás que se acollerán a partir do 3 de Xuño neste espazo do CENIMA para desfrutar dos seus traballos. Tamén a colaboración da alcaldía de Foz, á Deputación de Lugo na área da vicepresidencia, á Xunta de Galicia, na área de cultura e a Mancomunidade de municipios da Mariña a súa participación neste proxecto. Ós/ás artistas participantes, pola súa comprensión do proxecto e os/as mariñáns que pasaron a ver a exposición.
Mención especial a Vitoria, viúva de Quique , polo coidado do legado artístico e axuda inestimábel en todo o traballo de traslado e montaxe.