Site icon Crónica3.com A Mariña

Chega este sábado a Viveiro Exposalud

Viveiro, 17 de maio, 2022.

QUE É UNHA EXPOSALUD?
O programa Exposalud é un programa de saúde preventiva que tenta promover un estilo de vida saudable.

A primeira exposalud en Europa foi realizada en 1999 e desde entón, realizáronse máis de 900 exposicións en toda Europa. En España, a primeira Exposalud realizouse no ano 2006 en Sevilla e desde entón foise realizando regularmente en distintas cidades do país.

POR QUE É NECESARIA?
Segundo a OMS, as enfermidades crónicas son e serán a gran carga dos sistemas sanitarios. As enfermidades cardiovasculares, o cancro, a enfermidades respiratorias e a diabetes son as principais causas de mortalidade no mundo. Estas enfermidades asócianse a uns factores de risco como son o colesterol elevado, a obesidade, o sedentarismo, o tabaquismo, o alcoholismo, #o #estrés e a ansiedade.

Segundo a OMS, unha alta porcentaxe destas enfermidades pode previrse mediante a redución dos seus 4 factores de risco fundamentais: o tabaquismo, o sedentarismo, o uso nocivo do alcol e as dietas malsanas.

De aí a importancia da prevención. A idea é concienciar e educar á poboación sobre a importancia dun estilo de vida saudable.

COMO SE DESENVOLVE?
Este programa fundaméntase nos 8 elementos craves para a saúde, seguindo a regra mnemotécnia A.D.E.L.A.N.T.E. (Aire, Descanso, Exercicio, Luz solar, Auga, Nutrición, Temperancia (equilibrio) e Esperanza.

Consta de 8 casetas ou exposicións, sobre 1 tema relacionado coa saúde. En cada caseta, un equipo ofrece unha proba para valorar o estado do visitante e danse consellos de saúde sobre como aplicar á vida diaria hábitos saudables.

O resultado é avaliado por profesionais que ofrecen consello e orientación. Cada sesión da Exposalud termina cunha conferencia sobre un tema de saúde. Na Exposalud tómase a tensión arterial, pésase, mídese, calcúlase o IMC, calcúlase o % de graxa corporal, valórase a capacidade pulmonar, etc.

A Exposalud de Viveiro promete ser unha das mellores oportunidades para que calquera invista na súa saúde! Todos os exames e conferencias serán gratuítos.

O 21 de Maio nos Xardíns Noriega Varela (Paseo Marítimo) Viveiro.

De 10:30 a 19:00 da tarde.

Conferencias:
• Ás 12:00 h. COMO VENCER A DIABETES
• Ás 17:00 h. COMO EVITAR O CANCER
Organiza: Asociación Educación e Saúde AES)
Colabora: Concello Viveiro

Exit mobile version