O Xardín de Vila Gris e unha obra que convina o traballo actoral e a manipulación de obxectos e siluetas con cancións ao vivo e música orixinal.
Ao longo da peza, os máis pequenos irán descubrindo, da man do noso tenro personaxe Martín, a maxia da natureza e o amor por ela.
E como “non hai historia sen vilán”, neste caso, D. Nefasto Funesto encarnará a cobiza e a falta de empatía co mundo que nos rodea
MANUEL POMBAL (TRAXECTORIA PROFESIONAL)
Manuel Pombal, actor e creador do Xardín de Vila Gris posúe unha longa traxectoria de máis de trinta anos como profesional en diversos eidos do mundo da cultura nete caso destacaremos a sua faceta no universo infantil.
Como Actor: Teatro Artello, Teatro alla Scala, Educa Teatro.
Como director e compositor musical, realizou bandas sonoras orixinais, para Artello, TBO teatro, ou o mesmo Centro Dramático Galego. Asi como cancions para distintas compañias, CDs educativos, ou DVDs didácticos.
Como guionista: conta no seu haber coa creación de diversos textos dramaticos para teatro e televisión asi com adaptación de obras inéditas ao galego.
Conta tamén coa dirección e creación orixinal do programa infantil “O Campo de Atrás” para a TVG.
No eido da dobraxe, do que forma parte desde o ano 86,é especialmente valorado polas suas recreacions de personaxes de animacion,(Bugs Bunny, Doraemon, Bullwinkell, o gato Isidoro…) asi como pola voz do programa Larpeiros.
“O Xardín de Vila Grís”
Martín vive nun dos últimos rercuchos verdes da cidade, coñece apaixonantes historias da natureza, e quere preservar, para os seus e para os que veñan no futuro, o seu fermoso espazo cheo de vida.
Pero non todo é tan sinxelo nin tan doado: En Vila Grís, unha cidade ateigada de edificios, onde a xente corre sen parar e sen pensar, unha seria amenaza voa sobre el: Don Nefasto Funesto, un cobizoso construtor de monstruosos edificios, quen adora o diñeiro máis ca nada no mundo, pretende apropiarse dese recanto, arrancar todas as arbores, e construír nel unha torre de cemento tan alta que non deixe ver a luz do sol.
Martín, de ningunha maneira esta disposto a perder o seu pequeño paraíso. E Don Nefasto de ningunha maneira esta disposto a perder todo ese diñeiro. Martín non cede pero Don Nefasto tampouco.
No entanto, mentres as historias acontecen, o último lugar verde de Vilagís corre un grave perigo.