A actividade é de balde para o público asistente, a representación está prevista para ás 19 horas.
Fantoches Baj é unha compañía creada inicialmente en Portugal por Inacio no ano 2006. Desde aquela o seu campo de interés se centra no teatro de títeres entendidos dunha forma ampla.Desde a proposta mais tradicional dos bonecos de luva e variña do primeiro espectáculo, Tío Miseria (2007), a unha progresiva apertura a outras formas mais contemporaneas do teatro de obxectos como no seu último espectáculo, O Asombro (2010), pasando por unha interrelación con outras linguaxes escénicas, co teatro de actor no espectáculo para adultos A Saia da Carolina (2008), co clown en Rei, rei? (2008), cos xigantes e cabezudos en Zampón o Lambón (2009), coa maxia en Sinda, Linda, Catrina, Simón e o demo Cobillón (2009) e co teatro de rúa en Velocíclopes (2010).Partindo da idea de que o teatro de títeres é un poderoso instrumento de contar historias non se renuncia a ningunha temática ou forma literaria, pero os gustos van sobre todo polas literaturas tradicionais e os discursos poéticos.
O seu director, Inacio, gañou en dúas ocasións o premio Barriga Verde de Textos Teatrais nas dúas modalidades de infantil e de adultos cos textos Auga que non vas beber e Fábula Galénica.
Obra/Espectáculo:
Na década dos 60, logo duns días exercendo de visitador farmacéutico pola cortorna de Guadalaxara, Florencio D.Gurriarán chega a casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín de visitador.
Ante a presenza inesperada dos espectadores describe o seu día a día de axente comercial pola rexión véndose a si mesmo como unha especie de Ulises. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgamo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.
FICHA TÉCNICA:
Autor dos textos: Florencio Delgado Gurriarán.
Dramaturxia: Inacio Vilariño.
Escenografía e posta en escena:Inacio Vilariño.
Sonoplastia:Temas do “Cancioneiro Gallego “ de Bal y Gay e do folclore mexicano interpretados e grabados por Antonio Bravo.
Actor: Inacio Vilariño no papel de Florencio D.Gurriarán.
Publico: adolescente e adulto.