Brais participou nas disciplinas de lanzamentos de xavelina e peso, acadando uns excelentes resultados, unha medalla de prata e outra de bronce.
A primeira hora da mañá competía en xavelina, onde subiu ó segundo caixón do podium colgándose a medalla de prata. Os seus respectivos lanzamentos foron de X-37,17-X-33,42-40,74-X m. o que o levaría asimesmo a establecer a súa mellor marca persoal na disciplina.
Este concurso foi gañado polo atleta Daniel Loureiro da Atlética a Silva, completando o podium como medalla de bronce, Alfonso Labella do CA Millaraio.
Xa avanzada a tarde, tocaba o lanzamento de peso, onde Brais rendiu a bo nivel acadando a medalla de bronce. Os seus lanzamentos foron 12,32-12,56-X-X-12,28-X, achegándose moito á sua mellor marca persoal.
O podium completárono Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenzá, como medalla de ouro, e Jesús González da Atlética Val Miñor.
Con este campionato e no que vai de tempada, Brais acumula a nivel individual 1 medalla de prata e 2 de bronce a nivel galego, sendo atleta de primeiro ano e só superado por atletas máis veteráns.