A iniciativa desenvolverase do 1 ao 5 de agosto nos campos de fútbol do Celta Barreiros e do Iberia
O campus está dirixido a crianzas de 4 a 16 anos do municipio ou de fóra del que poderán mellorar a súa formación futbolísticas empregando metodoloxías lúdico-educativas de adestramento da canteira do RC Celta. Todo acompañado de aprendizaxes referentes á educación integral, aos valores de compañeirismo e superación.
O campus chega a Barreiros na semana do 1 ao 5 de agosto. Do 1 ao 3 no campo de As Valgas e do 4 ao 5 no campo O Cascabeiro, en horario de 9:45 a 13:45. Terá un coste de participación de 137 euros incluíndo o equipamento completo de adestramento. Con todo, o Concello de Barreiros habilita un prezo reducido de 105 euros para todas as nenas e menos empadroados en Barreiros a data do 01/01/2022.
Segundo Dani García “o campus pretende ser a actividade futbolística de base referente en toda a Mariña no mes de agosto e está aberta a crianzas das distintas localidades ou visitantes que se atopen nesas datas na zona”.
A alcaldesa manifestou “a importancia de contar con actividades deportivas de base no municipio que axuden á educación saudable das nenas e nenos e nos valores que se deben transmitir na práctica deportiva, polo que agradece a aposta dun equipo referencia no noso País por celebrar en Barreiros un dos seus campus”.
Desde o Concello agradecen a colaboración dos dous equipos de fútbol do municipio, Celta de Barreiros e Iberia, que colaboran co evento un ano máis poñendo en valor a colaboración entre distintas entidades para fomentar o deporte de base en Barreiros.
As inscricións xa están abertas, xunto con toda a información na web www.rccelta.es