As actividades comezarán o domingo 15 de maio coa actividade “A viaxe de Rosalía”, organizada pola Vicepresidencia Primeira da Deputación. O luns 16, os máis cativos terán un obradoiro con manualidades e contacontos e, para rematar o mes das letras, o domingo 29 poderán desfrutar da obra “A verdadeira historia de Hamelin” no Centro sociocultural.
II Recital Poético “VERSOS NA BAIXAMAR”. Yolanda Castaño, Lois Pérez, Paula dos Anjos e Natalia Alonso na praza da praia de Arealonga.
Versos na baixamar xuntará nesta segunda edición varias voces emerxentes da Mariña como son Natalia Alonso e Paula dos Anjos, xunto con artistas de renome como Yolanda Castaño e Lois Pérez. O artista lucense volverá a coordinar o recital poético musical “Versos na Baixamar” que celebrará a súa segunda edición o Domingo 22 de Maio coa presenza da destacada artista Yolanda Castaño.
“visto o éxito da primeira edición do recital queremos darlle continuidade ó evento e conxugar voces emerxentes da zona con artistas de renome que fagan deste certame un referente na Mariña nun entorno privilexiado” sinala o concelleiro Daniel García.
Últimos días para participar nos concursos de narración e debuxo.
O concelleiro lembra tamén que, “ata o 10 de maio está aberto o prazo para concursar no certame que organiza a Biblioteca Provincial de Lugo, coa colaboración como cada ano da Biblioteca Pública do Concello de Barreiros, no que o tema deste ano é -o que pasa ao meu arredor-”. A entrega de premios deste certame farase durante o recital do día 22.