Segundo a información recollida no 112 Galicia, tratouse dun pequeno lume que provocou danos na cabina e tamén na cheminea de extracción de aire e que foi apagado polos propios traballadores.
Os feitos tiveron lugar uns minutos antes da unha desta tarde. Nese momento, o 112 Galicia recibía o aviso do incendio mediante os Bombeiros de Barreiros.
Axiña, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención do GES de Cervo, da Policía Local, da Garda Civil, de Protección Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.