As achegas oscilan entre os 300 e os 2.500 euros, dacordo cos resultados acadados polas persoas solicitantes nas probas disputadas nos campionatos galegos, estatais e internacionais, do posto acadado na clasificación xeral do Campionato Galego e da participación nas probas do Campionato Galego que se disputan na provincia de Lugo – Rally da Mariña, Rally San Froilán, Subida a Chantada e Subida á Pontenova.
O deputado de Deportes Efrén Castro sinalou que esta liña de axudas pretende “apoiar unha modalidade deportiva moi esixente economicamente, sobre todo para as persoas que se inician nela e que teñen máis dificultades para optar a patrocinadores privados” e inscribiu a convocatoria nas diferentes accións que se desenvolven desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo para a promoción do automobilismo, entre elas, o apoio económico a todas as probas do circuíto galego que se celebran na provincia e o Volante Deputación, que promove a formación e dá oportunidades de incorporarse á competición a novos talentos”.
A convocatoria publicarase nos vindeiros días no Boletín Oficial da Provincia, abríndose daquela o prazo de solicitude.