En concreto, estará emprazada na rúa do Porto, preto da base de salvamento marítimo da Cruz Vermella. Esta unidade conta cunha intérprete e unha traballadora social que ofrecerán asesoramento sobre todos os trámites que debe facer a poboación refuxiada e os servizos que teñen á súa disposición, en horario de 09,00 a 14,00 horas.
Entre outras cuestións, informará sobre como obter a documentación sanitaria que lles permita acceder ao sistema público de saúde, como escolarizar aos seus fillos, como beneficiarse dunha das 1400 prazas de acollida que Galicia puxo a disposición do Goberno central e como acceder a cursos de formación en competencias lingüísticas para facilitar a súa inserción no emprego.
O Goberno galego, coa colaboración da Cruz Vermella, puxo en marcha esta iniciativa para atender ás persoas que chegaron á nosa Comunidade fuxindo da guerra en Ucraína. Ademais, creouse a páxina web ucraina.cruzvermella.gal, onde se pode consultar información e a localización actualizada desta oficina itinerante. Tamén se pode chamar ao teléfono e whatsapp 604 044 018.