Ata o centro de saúde desprazáronse a maioría de veciñas e veciños, redactándose preto de cincocentas reclamacións. As colas de persoas chegaban ata a estrada e “mesmo tivemos que cubrir datos cinco activistas ao mesmo tempo, para axilizar”- comenta Montse Porteiro, coordinadora do colectivo.
Moitas persoas levaron impresos para as súas casas, dado que había xente que quería facelas mais non podía por motivos laborais. Tamén quedan impresos no centro de saúde para aquelas persoas que non poideron ir hoxe pero que desexan reclamar o dereito de ter un/ha médico/a todos os días, “polo que descoñecemos cantas máis reclamacións poderán efectuarse, máis as preto de cincocentas de hoxe significan gran parte da poboación, polo que cremos que o Sergas debe tomar nota e poñerse mans á obra; non descartamos máis medidas reivindicativas”- conclúen.