A Mariña 16 de maio de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desplazarase ao centro de saúde de Ourol o vindeiro xoves 19 de maio no seu horario habitual, de 11 a 13 horas, en resposta á grave situación pola que está a pasar desde que o único facultativo que atendía aos mil habitantes dese concello colleu unha baixa, substituída únicamente dous días á semana desde hai máis dun mes.
A decisión por parte do Sergas de deixar a este concello, cunha poboación mui envellecida e enormemente dispersa, con presencia de facultativo de familia solamente dous días á semana, sume a Ourol no máis profundo dos abandonos por parte da administración sanitaria. Segundo comenta Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma Sanitaria”, o goberno da Xunta cada vez alonxa máis os servizos sanitarios da poboación sen importarlle o máis mínimo o sufrimento e desprotección na que deixan a persoas tan vulnerables.
Desde este colectivo animamos ás veciñas e veciños de Ourol a que se acheguen ata o centro de saúde o próximo xoves para facer efectiva a súa reclamación para esixir a presencia de médic@ todos os días, e lembramos tamén que as persoas que teñan algunha reclamación individual “poden igualmente achegarse e redactarémoslla” – conclúen @s activistas.