O edil de Deportes, David Rodríguez, estivo supervisando os traballos de instalación da rede e delimitación do campo, e explicou que “o que pretendemos e darlle á veciñanza unha alternativa máis para a práctica deportiva, tendo en conta ademais o interese crecente que hai no noso municipio por esta disciplina deportiva”
Cervo, 13 de maio de 2022. O Concello de Cervo acaba de crear unha cancha de volei praia no Torno, en San Cibrao, en concreto na zona da ría.
O edil de Deportes, David Rodríguez, estivo supervisando os traballos que, tal e como explicou, consistiron “na instalación dos mastros que quedaron soterrados, no movemento e achandado de area para darlle consistencia e forma á pista empregando a unha pala, na instalación dunha rede profesional de volei praia, e na delimitación da cancha a través de cintas que quedarán instaladas de xeito permanente”.
Tal e como apuntou Rodríguez “a creación deste campo responde ao interese crecente que detectamos en Cervo por este deporte, xa que este último curso máis de 70 mozos e mozas practicaron volei no seo das Escolas Deportivas Municipais e tamén a través do C.D. San Ciprián”.
Con esta nova dotación deportiva –continuou- “dámoslle ademais á veciñanza unha alternativa máis para a práctica da actividade física; aproveitando ademais a partir de agora a chegada do bo tempo e o beneficio que supón practicar deporte ao aire libre”.