Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Infantil Municipal de Cervo celebrou este venres a Festa popular dos Maios para dar a benvida á primavera, neste “mes das flores”

Os pequenos e pequenas trouxeron precisamente flores da casa para decorar e vestir os seus propios maios e celebraron unha merenda ao aire libre na que tamén participou a concelleira de Educación Dolores García Caramés, que quixo compartir co alumnado e co persoal docente “esta festa que marca o inicio desta estación do ano na que cobra tanta importancia a natureza” e quixo poñer en valor o traballo que realizan desde o centro para que os nenos e as nenas coñezan desde ben pequenos as diferentes tradicións galegas e o simbolismo que agochan”.

Exit mobile version