Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de valorización do patrimonio cultural inmaterial e da cultura marítima do territorio do GALP A Mariña, este venres

Viveiro a 6 de abril de 2022. No seo da Cofraría de Pescadores de Cedeira celebraremos unha mesa participativa o próximo venres día 8 de abril co fin de conectar a diversos axentes do mar e da cultura mariñeira e transferir coñecementos para avanzar cara o futuro e valorización do noso patrimonio e cultura marítima.

A proposta realizarase a través de mesas participativas, moderadas polo experto D. Ramón Rivas Villares, presidente da Asociación mar de San Ciprián e Directivo do GALP A Mariña-Ortegal, no que se crearán espazos de diálogo para acadar unha reflexión conxunta partindo da experiencia de cada un dos participantes e así poder extraer información cualitativa para a posta en valor e activación da nosa cultura marítima, así mesmo, a técnico do GALP A Mariña-Ortegal falará das actividades que se levan a cabo no seo da Asociación en pro destes fins común.

Contaremos coa participación activa, entre outros, de Francisco Fra Rico, Carpinteiro de ribeira de San Cibrao; Chema Leal Bóveda, Mestre especializado en xestión do Patrimonio Cultural; Manuel Bouzamayor Riola, Presidente da Asociación Cultural Terras do Ortegal José Antonio Rodríguez Arribe e Lucía Brage Martínez- Museo Mares de Cedeira; Lucía Sánchez Meitín (Rita Morrigan), Técnico do Concello de Xove e novelista; Herminia Pernas Oroza, Cronista oficial de Burela; Ana María López Fernández, Presidenta Asociación Redeiras de Cariño; Cristina Trasancos Polo, Mariscadora de O Barqueiro; José María Sanjurjo Peña, Presidente da Asociación de actividades Subacuáticas Illa Pancha; Antonio V. Lopez Arenas, responsable da área de Patrimonio Cultural Somerxido para o Norte de España da FEDAS e David Fernández Abella, historiador e arqueólogo nautico e subacuático e investigador grupo Ecopast (USC); así como do director do Plan da Cultura Marítima de Galicia Oscar Fuertes Dopico e representantes de Rexenerando S.Cooperativa e do Presidente do GALP A Mariña-Ortegal Javier Martínez Otero.

Exit mobile version