Viveiro, 22 de abril de 2022. O Concello de Viveiro celebra o éxito desta nova edición da Semana Santa dos Nenos, que comezou onte, xoves 21 de abril, e continúa durante a xornada deste venres.
Dende o Concello, agradécese o labor dos veciños e veciñas de Campo de Urraca, quen levan case 30 anos organizando esta Semana Santa dos Nenos. Un evento co que o Concello de Viveiro colabora a nivel loxístico e facilitando a merenda dos cativos e cativas nas dúas xornadas.
“A semana Santa dos Nenos supón unha garantía de continuidade, tendo en conta que cada ano participan máis nenos e nenas que queren formar parte destas emotivas procesións, que inclúen tanto imaxinería como bandas de tambores”, sinala María Loureiro, alcaldes de Viveiro.
A rexedora explicou que os cativos e cativas portarán “réplicas en miniatura dos pasos máis destacados da nosa Semana Maior”. Destacou tamén que esta é unha oportunidade única para desfrutar da implicación da infancia nunha das celebracións máis significativas para a vila.
“Comprobamos así que a continuidade da Semana Santa de Viveiro está máis que garantida”, rematou a rexedora viveirense.