Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha unidade móbil do programa “Coidados Porta a Porta” da Xunta, coa colaboración do Concello de Viveiro, estará os días 25, 26 e 27 nos Xardíns Noriega Varela prestando, de xeito gratuíto, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores

As unidades móbiles do programa “Coidados Porta a Porta” están percorrendo diferentes concellos galegos prestando, preferentemente baixo cita previa, servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria. As persoas interesadas en facer uso deste servizo poden solicitar máis información ou cita previa chamando ao número de teléfono 622 748 283.

Exit mobile version