Como pasaba o tempo e non a chamaban acudiu a Atención ao paciente máis non lle fixeron reclamación escrita, tan solo foi atendida verbalmente. En outubro de 2021, nove meses despois de ser pedida a ecografía, decide enviar un escrito á directora do centro, María Xosé Cortés , máis non recibiu contestación algunha.
As molestias van a máis e a paciente sinte temor pola incerteza que lle produce a falta de diagnóstico.
As molestias da muller aumentaron e “cóllenme ata o oído, cunha sensación de ter un nódulo na garganta; estou preocupada e asustada, quero que me fagan a proba xa e que me digan se teño algo ou non” – relata. Diante da ausencia de resposta por parte da dirección do centro a muller acude á Plataforma Sanitaria solicitando axuda para redactar unha reclamación, que se presenta polo rexistro o día 31 de xaneiro de 2022, con número de entrada 0163.
Desde a Plataforma Sanitaria esiximos que se cumplan os prazos que estipula a lei de garantías sanitarias á vez que se dota ao sistema de listas de espera da transparencia que se esixe ás actuacións públicas, incluíndo nelas á totalidade de pacientes que requiren una cita , eliminando do sistema as listas B e informando a cada paciente da súa posición nas mesmas e o tempo de agarda esperado. De igual xeito esiximos ao Sergas que dote ao hospital do persoal que se require ,“ pois a ausencia de tres radiólog@s dun cadro de persoal de cinco está a causar graves atrasos neste servizo, á vez que está a sobrecargar ao persoal que atende o servizo dun xeito perigoso para a súa saúde e repercutindo directamente sobre @s pacientes ,que non son atendidos nos tempos máximos que marca a lei”- comentan desde o colectivo sanitario.