Site icon Crónica3.com A Mariña

Un mariñao denuncia que leva cinco meses agardando para facer tratamento rehabilitador malia estar recibindo opiáceos pola dor insufrible que ten

A Mariña 18 de abril de 2022. Un paciente denuncia que leva desde novembro de 2021 agardando para a rehabilitación pautada polo seu traumatólogo. O home padece de varias hernias cervicais con afectación neurolóxica e moitísima dor de xeito continuo, pese a estar a tratamento con analxésicos mui potentes, do grupo dos opiáceos, entre outros. A maiores ten afectación psicoloxica polo feito de vivir de xeito continuado cunha dor mui intensa e incapacitante para as actividades da vida diaria.

En novembro de 2021 o traumatólogo pídelle cita coa médica rehabilitadora para valoración e posible comezo de tratamento rehabilitador. A folla de interconsulta foi rexistrada co número 202/6084, da que o paciente conserva copia.Como pasaban os días e non o chamaban, en xaneiro de 2022 preguntei e contestáronme que “non estaba incluído en lista de agarda porque non entregara a folla para rexistro, máis eu conservo copia co número de rexistro”- explica.
Fixeron unha nova folla de interconsulta pero con data de xaneiro de 2022 e perda de antigüidade.

Como non aparecía a folla falan de novo con traumatoloxía, que emite un novo volante, que se rexistra con data de xaneiro de 2022, co cal entra a formar parte das listas de agarda cunha antigüidade menor da que lle correspondería. O paciente non acepta esta tramitación porque, se ben é verdade que pode ocurrir un erro ou unha perda do volante, erros totalmente posibles, “eu aportei as probas de que a tramitación do rexistro se fixo en novembro de 2021, polo que o erro administrativo debe ser solventado en favor do usuario “- argumenta.

Transcurrido outro mes sen volver ter noticias de cando iba ser chamado contacta coa Plataforma Sanitaria da Mariña para que lle axudemos a redactar a correspondente reclamación, rexistrada o día 2 de febreiro de 2022, con entrada número 0172. Segue a pasar o tempo e o paciente, cunha dor insoportable, ateigado de fármacos e con serias limitacións físicas e psicolóxicas derivadas da situación. Sigue agardando que o chamen.

Desde este colectivo sanitaria esiximos que se solvente este erro da administración de xeito favorable para o paciente, e se proceda a darlle a cita de valoracióná maior brevidade posible, xa que estamos a falar dunha “seria afectación física e psíquica do paciente, a tenor do tratamento farmacolóxico que recibe e que pode ter consecuencias bastante importantes para a súa saúde, das que fai responsable á dirección do centro se non lle poden remedio inmediato”- conclúe a coordinadora do colectivo, Montse Porteiro.

Exit mobile version