Site icon Crónica3.com A Mariña

Trinta establecementos participarán de mércores a sábado nunha nova edición do Comercio na Rúa que organiza AciaFozCCA

Foz, 11 de abril de 2022. Os días 13, 14 e 16 de abril terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Trinta establecementos ofrecerán descontos especiais esta Semana Santa.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “este mércores poñemos en marcha unha nova edición do Comercio na Rúa, un clásico dentro das campañas que organizamos desde AciaFozCCA, que sempre ten moi acollida entre a clientela e entre os establecementos asociados que participan nesta cita”.

Paleo sinala que “co Comercio na Rúa e coa Ruta das Tapas pretendemos ofrecer alternativas atractivas para que aquelas e aqueles que nos visiten durante esta Semana Santa disfruten da nosa gastronomía en miniatura e de todo o que atoparán no noso comercio, ademais da nosa paisaxe, dos nosos monumentos, dos nosos paseos…”.

O concelleiro de Comercio, Chema Linares, manifesta que “es una campaña que tuvo muy buena acogida en ediciones anteriores y esperamos que en esta Semana Santa también la tenga. Está diseñada para dinamizar el comercio local en estas fechas, en las que las perspectivas que tenemos en Foz en cuanto a visitantes son buenas, el tiempo parece que acompañará, con lo que estamos esperanzados en todo sea positivo para la economía local”.

No Comercio na Rúa participan 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Isla, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, N1 Zapatillas, Ofifoz, Sensación Surf, Sueños, Unique 2, Vas’s, Vas’s Outlet, Xanela Complementose e Xoguetería Bahía.

O Comercio na Rúa desenvolverase o mércores, o xoves e o sábado. En caso de mal tempo as promocións ofreceranse no interior dos locais. José Carlos Paleo subliña que “o día de xoves santo o noso comercio abrirá tanto pola mañá como pola tarde para facilitarlle as compras á súa clientela e para que aproveiten as promocións que atoparán durante o Comercio na Rúa”.

O evento foi presentado polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, polo alcalde, Fran Cajoto, e polo concelleiro de Comercio, Chema Linares.

Exit mobile version