Ribadeo, 4 de abril, 2022. O coordinador de Deportes do PP ribadense, Tito Suárez, destaca o bo facer do CB Ría de Ribadeo na organización das Xornadas Baby Basket Ribadeo 2022 e agradece á entidade o seu labor e dedicación cos máis pequenos.
Traslada tamén o seu agradecemento aos clubs que se achegaron este domingo a Ribadeo -CB Burela, CB Viveiro e Ensino Lugo- porque, entre todos, “puidemos disfrutar dun domingo de bo baloncesto, vendo aos máis cativos disfrutando do seu deporte e os pais animando dende as gradas. Todo en boa harmonía e nun ambiente moi acolledor”.
Tito Suárez explica que “a Xunta aportou unha pequena axuda consistente nas medallas que levaron estes grandes deportistas” e avanza que “dende o noso Grupo Municipal seguimos traballando polo deporte da nosa vila”.
O Grupo Municipal Popular traslada tamén os seus parabéns á ribadense Elena González, do Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo. A campioa galega de piragüismo K1 3.000 metros na división infantil B que vén de acadar a medalla de prata no Campeonato de España de jóvenes promesas. “Sen dúbida, este éxito é froito do seu traballo e esforzo. É un orgullo para Ribadeo”, engaden.