A primeira ruta “Vivertren al Souto da Retorta” será o luns 11 de abril ás 11:00, un percorrido panorámico no que visitar o monumento natural “O avó”, a árbore de maior volume en España, así como admirar a arquitectura indiana. O martes 12 de abril tamén ás 11:00 organízase “Ruta de Os Muíños de Balea”, cunha lonxitude de 6 quilómetros na que coñecer distintos muíños.
O mércores ofrécese unha vista ao Complexo Regal Xunqueira, no que gozar da arte e artesanía local nestes museos. O xoves 14, o Vivertren realizará o percorrido panorámico visitando Covas e Celeiro ás 16:00. Mentres que o venres 15 proponse unha ruta ao monte de San Roque tamén ás 16:00, na que ascender ao cume deste monte, a 350 metros sobre o nivel do mar. As visitas péchanse o sábado 16 co Vivertren á Área Etnográfica da Insua ás 11:00, para coñecer a actividade de carga de minerais da zona.
As inscricións deben realizarse no correo electrónico viveirovisitas@gmail.com. Todas as rutas terán como punto de partida a estación de autobuses de Viveiro.