O alcalde, Fran Cajoto, manifesta: “só agardamos que pequechas e pequechos o disfruten. Era moi necesaria unha renovación completa dun dos parques infantís máis utilizados en Foz, fronte á Rapadoira, unha zona privilexiada. Cun orzamento de licitación de máis de 22.300 euros, o parque do Paseo de Colón renovouse completamente: substituíuse o antigo chan de losetas de caucho por un solo continuo acabado en encapsulado, colocáronse novos xogos -estrutura de tobogán e escalada, columpio mixto con asento e portabebés e dúas figuras de muelle- e restaurouse e adaptouse á normativa o valado perimetral”.
O concelleiro de Turismo, Chema Linares, destaca que o parque é moi usado por focegos e visitantes porque “permite que as nenas e nenos xoguen mentres os maiores poden desfrutan das terrazas e da gastronomía local, de gran calidade. Isto é outra forma de apoiar ao noso sector de hostalería”.
Ademais o alcalde anuncia que “en poucas semanas comezarán os traballos de construción do novo parque de Uxío Novoneira, unha vez xa se retirou o antigo mobiliario que se atopaba nun estado pésimo. Será un parque no que ademais dos cativos poderán desfrutar os grandes, xa que está previsto conformar dúas pistas de petanca”.
Fran Cajoto remata animando a estrear o parque da Rapadoira e a “coidalo entre todos”.