O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “atopámonos en Ankara participando nunha xuntanza de traballo deste proxectode formación de aprendices de calidade, sostible, eficaz y de inclusión.
Chegamos o luns e remataremos co noso traballo, as xuntanzas e as visitas que estamos a realizar a empresas e a centros de ensino o vindeiro sábado, 16 de abril”.
Xunto a Apaga participan nesta reunión de traballo socios de Italia, Grecia e Turquía. Os asistentes visitaron nas últimas horas a empresa MAN, que é fabricante de autobuses, e DAYM, de material didáctico.