O PP converte A Mariña nun deserto industrial
“Constátase tamén que a Xunta e o PP non teñen política industrial e están simplemente ao servizo dos intereses das grandes empresas e oligopolios que fan o que queren neste país, sen planificación ningunha”. Nestes termos manifestouse o deputado nacionalista mariñao Daniel Castro que tamén recordou a cantidade de veces que na última década o BNG propuxo a elaboración de Plans de Emprego e de Industrialización para a comarca, e que o PP tirou abaixo, pero que siguen sendo necesarios, agora mais ca nunca e o BNG vai seguir traballando xunto coa sociedade mariñá e os axentes sociais para conquerilos. E afirmou tamén que “despois de confirmar que a Mariña non está nos plans do PP queda claro o PP non pode estar nunca tampouco nos plans das mariñás e mariñaos”.
Daniel Castro anunciou que desde o BNG formularase unha pregunta a este respecto no Parlamento.
O responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga referíuse tamén ao regueiro de desemprego e de empresas pechadas que queda na comarca despois de 13 anos do PP no goberno da Xunta e lamentou que “os “albaceas testamentarios” de Feijóo, (Rueda e Candia) vaian estrear os seus cargos colaborando na traizón á Mariña”.