Ribadeo 6 de abril de 2021. Os Socialistas de Ribadeo demandaron explicacións no pleno de onte, sobre a situación na que se atopa o céspede do campo de fútbol do Pepe Barrera.“Tras escoitar as queixas dos usuarios interpelamos ao Goberno Local para coñecer si Calfensa seguía encargándose do mantemento deste espazo deportivo. Segundo nos explicaron o mantemento é compartido, por unha banda Calfensa encargase da parte técnica e do resto de labores de mantemento, tanto o abono como o segado realízao o Concello”.
Marta Rey, interesouse tamén na sesión plenaria, polo inicio das obras que une a zona rural co centro de Ribadeo. A vía provincial, que vai a Vilela, dotarase de beirarrúas no paso sobre as vías do ferrocarril, unha estrada importante que transcorre polas parroquias do rural como son Ove, Cubelas, Arante e Cedofeita. Ademais demandou o arranxo da estrada do faro “aproveitando que se vai a construír o carril bici, parécenos moi necesario que se mellora esta vía de comunicación tan utilizada pola veciñanza”.
A Voceira Socialista tamén se interesou pola promoción turística de Ribadeo. “O Ribadeo Indiano parécenos unha aposta turística de primeiro nivel na nosa provincia, por iso, demandamos coñecer a data prevista da súa celebración e xa nos avanzaron que será na segunda fin de semana de xullo”.
Rey interveu para coñecer as previsións do Concello sobre a ubicacion do mercado dos mércores. “Dende o Grupo Socialista, como xa defendemos noutras ocasións, entendemos que o mercado debería regresar a súa ubicación orixinal tal e como demandan os parceiros, é dicir á Praza de Abastos. O concelleiro de turismo dixo que a intención do Goberno sempre foi a de que o Mercado regresase arredor da Praza de Abastos. Estaremos expectantes para que se cumpra o que demandan os seus usuarios”, dixo.
A Voceira preguntou sobre a chegada de refuxiados ucraínos ao Concello, “onde nos contestaron que é importante facelo polos cauces oficiais, e que non se ten constancia da chegada ningún refuxiado á nosa vila”.
Moción de sanidade hipócrita e oportunista
E por último no que se refire á moción presentada polo PP sobre a sanidade. “Queremos lembrar que a taxa de reposición co goberno socialista está nun 120%, co do PP nun 10%. Significa que co PSOE de cada 10 profesionais que se xubilan entran 12 a traballar, co PP entra un. Ademais, Feijóo deixou de convocar nos últimos anos 151 Prazas Mir”, advirten dende o PSdeG.
Por último hai que sinalar que “a Xunta é a institución competente para a contratación en Sanidade, e dende o 2009 onde gobernaba o famoso bipartito que tanto lles gusta nomear, perdéronse en Galicia case 1000 postos sanitarios”, critican.
Por todo iso os socialistas pregúntanse porque non reclamaron estas melloras cando gobernaba o PP de Rajoy. “Estamos a favor como sempre fixo o Partido Socialista dunha sanidade pública, digna para todos, pero non compartimos sacarlle rédito político e sobre todo cunha actitude tan hipócrita e oportunista como fai o PP de Ribadeo”.