Lugo, 19 de abril de 2022. Os senadores de Lugo -José Manuel Barreiro, Rosa Arza, Manuel Varela e Juan Serrano- reclaman ao Goberno que o Ministerio de Transportes reconsidere a actualización das conexións por autobús, dado que “prexudica” aos usuarios de dez concellos e, principalmente, ás poboacións máis rurais. Trátase de Guitiriz, O Corgo, Baralla, As Nogais, Pedrafita, Chantada, Quiroga, Monterroso e Palas de Rei.
Deste xeito, os populares expoñen que esta modificación do actual trazado conleva que os viaxeiros das poboacións con menor demanda, é dicir, os da zona rural onde viven unha menor cantidade de persoas, se vexan obrigados a realizar transbordos dende outras liñas de competencia autonómica ou incluso dende os seus vehículos privados, se é que dispoñen deles.
Con esta medida, o Executivo de Sánchez prioriza a rendibilidade económica ás necidades dos veciños que residen nos núcleos máis afastados, que son, indican, “unha vez máis os grandes prexudicados e discriminados”.
Por este motivo, os representantes de Lugo na Cámara Alta farán as seguintes preguntas:
Está priorizando o Goberno de España a rendibilidade económica fronte ao servizo público que ofrecen as liñas de autobuses que pretende eliminar na provincia?
Cree o Executivo central que atender a criterios como a poboación dos municipios á hora de recortar as paradas é unha medida discriminatoria cara aos cidadáns do rural lucense?
É consciente o Goberno e que esta decisión contribúe a fomentar a desigualdade no rural e a fomentar a despoboación na provincia?
Dáse conta o Goberno de que os grupos que máis utilizan este medio de transporte son, entre outros, os estudantes, que ser verán enormemente prexudicados por esta redución das paradas de autobús?