Site icon Crónica3.com A Mariña

Os PSdeG-PSOE de Foz celebra o 1º de maio co seu xantar de fraternidade

Foz, 23 de abril, 2022. A Agrupación Socialista de Foz recupera o tradicional xantar de fraternidade que leva celebrando polo 1º de maio dende hai 36 anos, solo interrompido por mor da pandemia da Covid.

Convidamos a tódolos veciños, veciñas, simpatizantes e militantes de Foz e da comarca da Mariña, a celebrar a Festa dos Traballadores compartindo, na área recreativa do monte Bispo Santo, baixo unha carpa, un xantar típico da nosa terra composto por xamón cocido, polbo, e churrasco.

O prezo é de 25€ para os adultos, gratuíto para menores de 4 anos e de 12,50 para os nenos e nenas de 5 a 10 anos.

Para asistir hai que anotarse chamando ao teléfono 667 052 058

Exit mobile version