Os traballadores do Obradoiro de Emprego de Educación Ambiental dos concellos de Barreiros e Ribadeo impartiron este xoves unha charla ao alumnado do Ceip San Cosme de Barreiros. Ensináronlles a comprobar a cantidade de plástico dos produtos, a cantidade de auga empregada para obtelos ou os quilómetros que percorre un produto para chegar ao seu destino. Deron aos nenos chaves para detectar a pegada de carbono dos alimentos e consellos para axudar a coidar o planeta.