Cervo, 09 abril de 2022. O concello de Cervo celebra o vindeiro sábado 16 de abril a Festa do Mexillón.
No día de onte o rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a que será a edición número XXVIII desta festa, xunto con persoal dos locais de hostalaría participantes.
Ao longo deste día os locais ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Pulgas, CIT e O Encontro.
A partir das 22:00H haberá verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show e a continuación será a quenda de Disco Móvil Chocolate.
Villares quixo salientar que “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre son un reclamo para atraer visitantes, ofrecendo un produto do mar e con tantas posibles receitas”.
Desde o Concello de Cervo animan a todos e todas, veciñanza e visitantes, a que o sábado 16 de abril veñan a San Cibrao a desfrutar desta xornada, que terá á Festa do Mexillón como protagonista.