Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP, “tremendamente satisfeito” co anuncio de Portos de Galicia de ampliar espazo no recreativo de Burela

Burela, a 3 de abril de 2022. O Grupo Municipal Popular de Burela amósase “tremendamente satisfeito” polo anuncio de Portos de Galicia de ampliar espazo para os recreativos en 25 portos, entre eles o deste municipio mariñao, se os concellos colaboran para o auxilio e control.

O voceiro do PP, Manuel Rouco, pon en valor así a decisión do organismo autonómico que xurde, di, “da xestión da nosa compañeira e concelleira Yovana Oroza, que posibilitou unha alternativa para que os pescadores desta modalidade poidan ampliar as zonas de pesca”.

Por tanto, segundo destaca o popular, “son agora o alcalde e o seu goberno socialista os que se deben de poñer a traballar dunha vez por todas con feitos e non só con palabras para que estes afeccionados poidan ter máis oportunidades para desfrutar desta técnica”.

A este respecto, os populares agardan así que os socialistas de Burela “non se poñan de perfil e que fagan algo produtivo neste asunto”.

Exit mobile version