Os populares lembran que para paliar as consecuencias económica producidas pola pandemia de Covid-19, o Concello acordou destinar 400.000 € do orzamento municipal para axudas a autónomos e pemes. Rodríguez explica: “Debido a distintos motivos, ao remate da convocatoria estimáronse 261 axudas, por importe de 217.430 €, polo que quedaba un remanente de 182.570 €”.
No PP destacan que como consecuencia da disparatada suba das tarifas eléctricas, o incremento do prezo dos combustibles e a suba de alugueres, tanto o comercio como os autónomos e a pequena empresa pasan por momentos delicados. Os populares entenden que, á vista da situación, é preciso destinar a cantidade sobrante a estas alturas dos 400.000 euros iniciais aos fins para que foi prevista inicialmente.