Vega condena que “se estea a retrasar continuamente o pago de facturas”. De feito, “o goberno local do BNG é o que máis tarde paga de toda A Mariña. A Xunta e moitos Concellos pagan en menos de 30 días. E o Grupo Municipal Popular leva reivindicando dende o inicio deste mandato que as facturas a empresas e as axudas ás asociacións se deben pagar en tempo e forma”.
“Xa o dicíamos en días anteriores: moitas empresas están valorando seguir prestando servizos a este Concello ou non. Unha moi mala imaxe para o noso municipio”, remarca Vega. Pero, ademais, “é inxusto o retraso que están sufrindo moitas empresas despois de ter prestado un servizo para o Concello”.
Vega indica que, ademais, “algunhas empresas terán que alegar para poder cobrar porque moitas facturas están xa prescritas”. Polo tanto, “terán que someterse a máis burocracia debido á mala xestión do goberno do BNG. Non é comprensible que aparezan agora facturas do ano 2006 aínda sen pagar”, matiza.
O popular considera que “a este goberno do BNG lle da igual todo”, tal e como demostra “esta moi mala xestión que vimos observando pleno tras pleno”.