Castiñeira declara: “É unha nova mostra da falta de xestión, da ineficacia do goberno bipartito da Deputación, que ten bens e non consigue poñelos en valor. O PP pedirá no pleno que se active o antes posible. Así o fixo tamén o equipo de goberno do Concello de Castro de Rei, que no seu momento presentou unha moción para que se activase a planta de biogás”. A día de hoxe esa planta o único que dá é gasto, porque ten un mantemento, unha tecnoloxía e equipamentos que hai que manter mentres non estean en funcionamento.
Para o portavoz popular, “é unha planta importante, ata o punto que no seu día dicíase que era unha das máis grandes de Galicia; despois de tanto tempo esa obxectivo igual se queda un pouco grande”. Asegura que, “en todo caso, estamos a falar de 300 quilovatios hora de enerxía, que debera estar producindo e xerando aforro e pola falta de xestión e de compromiso do goberno da Deputación de Lugo está aínda parada”.
Castiñeira tamén destaca que “esta planta podería estar eliminando gran cantidade dos residuos que son xerados polo animais que alí se crían; pecharíase así o ciclo, que o goberno provincial, inexplicablemente, non é capaz de pechar e por iso pedimos que cantos antes poña en servizo esta planta.