Ante esta situación, que aínda non está solucionada, o presidente e voceiro municipal do PP de Trabada, José María Fernández, lamenta que “o goberno municipal, coa a súa alcaldesa, Mayra García, á fronte, non se preocupen nin defendan os intereses dos empresarios xa que estes fallos dificultan o seu traballo diario”.
Polo tanto, “solicitamos tanto ao Concello de Trabada como a Telefónica que traballen para que se restableza o normal funcionamento da fibra óptica o antes posible”, finaliza José María Fernández.