Mondoñedo, 27 de abril. O IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo organiza unha exposición de fotografías no bar “O Porriño” da cidade mindoniense. A mostra estará aberta deste este venres 29 ata o 23 de maio e poderá ser visitada os venres, sábados e domingos no horario habitual do establecemento.
As obras expostas son as gañadoras e as finalistas do concurso fotográfico convocado polo centro este inverno pasado: Fotografarte . Nesta ocasión os participantes tiñan que captar imaxes da natureza durante o outono e o inverno, a convocatoria estaba aberta a toda a comunidade educativa ( familias , alumnado, persoal docente e laboral do centro) e contou cunha ampla participación.
Non é a primeira vez que o San Rosendo organiza un evento desta características. O curso pasado o instituto colaborou coa Rede Museística Provincial de Lugo no proxecto Amar a Mar: Mariñas, Marosas e Maruxainas, unha iniciativa que enchera o Centro Comarcal de Mondoñedo cunha magnífica exposición que daba protagonismo ás mulleres da comarca e que foi toda unha experiencia para o alumnado do centro e as súas familias.