“Pasa de forma habitual que algún representante da Xunta vén a Viveiro e só avisa aos representantes do PP ou os avisa para reunións nas que non deberían estar”, afirma o grupo de goberno.
En concreto, fan referencia “a unha reunión privada de Portos de Galicia co concello para falar de temas da cofradía á que foron convocadas persoas da executiva local do PP; no ten ningunha xustificación, era unha reunión entre institucións”.
“Noutras ocasións, pasa que só está convocado o PP e nin sequera vai alguén en representación do concello, como a última entrega por parte da Xunta dunha vivenda de protección oficial en Viveiro”, engaden.
Para o grupo de goberno de Viveiro, “a Xunta é unha institución que representa a todos e todas as galegas, non pode facerse un uso partidista e interesado”.