Tamén en Celeiro, na Rúa Grande podemos observar que tampouco se realizou ningún tipo de adecentamento e mellora nesta rúa chea de desperfectos e fochancas, especialmente no tramo que vai dende o número 93 até a igrexa de Celeiro.
Foi en 2019 cando lles presentamos ao o equipo de María Loureiro un estudado Plan de Mantemento de Estradas Municipais, ao que votaron en contra pois segundo eles, xa teñan o seu propio “plan”. Pasan os anos e cada vez é máis visible que a súa maneira de organizar e manter as infraestruturas municipais non está a funcionar, sendo xa un problema que se extende por todo o Concello.
Atendendo nos casos anteriores de demandas veciñais e que corresponde ao Concello de Viveiro o seu mantemento e benestar veciñal, rogamos:
. Que se informe acerca do estado actual dos trámites para a rehabilitación dos Espiñeiros, así como de cando teñen previsto comezar a súa execución.
. Que se arranxen as fochancas da Rúa Grande á maior brevidade posible, e se informe de cando ten previsto o goberno rehabilitar a parte que falta desta rúa