Viveiro, 25 de abril de 2022. A xornada, destinada á Xestión Comunicativa, terá lugar este martes 26 de 12 a 14h no Real Club Náutico de Ribadeo.
O experto en comunicación Roberto Pérez Marijuán será o encargado de impartila e contribuír á mellora das habilidades dos asistentes.
Poden asistir as entidades asociadas pertencentes a calquera dos GALP participantes no proxecto (Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Ártabro Sur e Ría de Pontevedra) mediante reserva de praza.
O proxecto colaborativo de dinamización do tecido asociativo dos GALP,promovido pola Consellería do Mar a través do GALP Ría de Pontevedra, organizará 3 formacións máis nos próximos meses
Na xornada de maña, martes 26 de abril entre as 12.00h. e as 14.00h terá lugar a primeira xornada formativa interterritorial organizada polo proxecto cooperativo ‘Un mar en común’. Pomovido pola Consellería do Mar a través do GALP Ría de Pontevedra, botou a andar en setembro e conta coa participación do GALP Ría de Pontevedra, A Mariña-Ortegal, e os Ártabros Norte e Sur.
O Real Club Naútico de Ribadeo – unha das 52 entidades asociadas do GALP A Mariña – será o encargado de acoller a xornada de Xestión Comunicativa a cargo do experto en comunicación Roberto Pérez Marijuán. Están convidadas a participar calquera das entidades asociadas a algún dos 4 GALP participantes no proxecto e só e preciso contactar co do seu territorio para solicitar praza. Estas formacións interterritoriais – serán un total de 4 a celebrar nos próximos meses – pretenden fomentar tamén as relacións entre os membros dos 4 Grupos de Acción Local Pesqueira citados.
O proxecto, está estruturado en catro fases. Na primeira tiveron lugar preto de 80 entrevistas aos integrantes das asociacións que forman parte dos GALP para coñecer as súas opinións; na segunda tiveron lugar varias xornadas de formación/ interacción segundo as necesidades que trasladadas por cada grupo; na terceira, de formacións interterritoriais, estase a facer unha posta en común entre as entidades pertencentes aos diferentes Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e por último, na cuarta fase, publicaranse os resultados acadados durante a investigación e propoñerase un manual de boas prácticas que sirva de guía para manter a dinamización do tecido asociativo no futuro.